Queridas amigas e queridos amigos:
O Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da Universidade da Coruña, en colaboración cun grupo de compañeiras e compañeiros da UDC, está a organizar un xantar de despedida e homenaxe a Ricardo García Mira, con motivo da súa xubilación tras 52 anos de dedicación á universidade.
Queremos compartir con el un momento especial para agradecerlle o seu compromiso, o seu traballo e, sobre todo, a súa amizade ao longo destes anos.
O encontro terá lugar o vindeiro 30 de xaneiro de 2026, no Hotel Finisterre da Coruña (Paseo do Parrote).
Durante o xantar faráselle entrega dun agasallo conmemorativo, símbolo do noso recoñecemento e afecto.
O prezo do xantar é de 60 euros (inclúe o agasallo).
Política de cancelación
A partir do 19 de xaneiro de 2026, non será posible solicitar a devolución do importe abonado. Agradecemos a súa comprensión.
Se non pode asistir pero desexa participar no agasallo, pode facelo cunha achega de 10 euros.
Para facilitar a organización, agradecemos que confirme a súa participación antes do 16 de xaneiro de 2026.
Agardamos contar con vostede para celebrar xuntos esta nova etapa e brindar por todo o compartido.
Con agarimo,
Grupo de Investigación Persoa-Ambiente
Universidade da Coruña
Ante calquera dúbida contacte con nós no teléfono 981 900 700
Se tes algunha dúbida sobre como cubrir os formularios en liña, consulta esta información.
SECRETARÍA TÉCNICA
Avda. Primo de Rivera 11, 2º izda. 15006 A Coruña
Telf: 981 900 700 | orzancongres@orzancongres.com