Queridas amigas e queridos amigos:

 

O Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da Universidade da Coruña, en colaboración cun grupo de compañeiras e compañeiros da UDC, está a organizar un xantar de despedida e homenaxe a Ricardo García Mira, con motivo da súa xubilación tras 52 anos de dedicación á universidade.

Queremos compartir con el un momento especial para agradecerlle o seu compromiso, o seu traballo e, sobre todo, a súa amizade ao longo destes anos.

 

O encontro terá lugar o vindeiro 30 de xaneiro de 2026, no Hotel Finisterre da Coruña (Paseo do Parrote).

Durante o xantar faráselle entrega dun agasallo conmemorativo, símbolo do noso recoñecemento e afecto.

O prezo do xantar é de 60 euros (inclúe o agasallo).

 

Se non pode asistir pero desexa participar no agasallo, pode facelo cunha achega de 10 euros.

Para facilitar a organización, agradecemos que confirme a súa participación antes do 10 de xaneiro de 2026.

 

Agardamos contar con vostede para celebrar xuntos esta nova etapa e brindar por todo o compartido.

 

Con agarimo,

Grupo de Investigación Persoa-Ambiente

Universidade da Coruña


Realizar a inscrición:

Correo electrónico:

(Opción desactivada) Rexistrarse como empresa:

NIF:


Se tes algunha dúbida sobre como cubrir os formularios en liña, consulta esta información.

SECRETARÍA TÉCNICA

Avda. Primo de Rivera 11, 2º izda. 15006 A Coruña

Telf: 981 900 700  | orzancongres@orzancongres.com